YOUR POWER
The European crowdfunding platform for renewable energy
logoplatform

A Plataforma CITIZENERGY

O CITIZENERGY – O proxecto Cidadáns Europeos por as Renovables creará unha nova plataforma en liña de Europa para os investimentos dos cidadáns en proxectos con base nas fontes de enerxía renovable (que en inglés reciben o acrónimo de RES; renewable energy source). CITIZENERGY responderá á variedade de necesidades tanto dos promotores de RES como de potenciais investidores cidadáns. O seu obxectivo é aumentar a participación cidadá eficaz e o investimento en enerxías renovables, así como establecer unha rede europea sobre política cidadán en RES, que reúna iniciativas de enerxía cidadán relevantes. O proxecto CITIZENERGY vai promover sinerxías entre proxectos e a transferencia en Europa de modelos de negocio clave na área RES. Identificarase as barreiras ao investimento cidadán e tratarase de poñer en contacto os investimentos cidadáns con novos proxectos RES en Europa.

 

Para este fin, os socios do proxecto CITIZENERGY van identificar as principais barreiras para a implicación e investimento, así como crear un marco favorable. Agora mesmo, o propio éxito das enerxías renovables está provocando reaccións políticas desfavorables por exemplo en relación a creación de regulamentos e marco industrial. Os socios de CITIZENERGY, polo tanto, traballaran para un futuro enerxético seguro e a obtención dos obxectivos de enerxía da UE 20-20-20, anticipando un marco común da UE para o investimento do cidadán, así como apoiar unha cultura de investimento a longo prazo e para a creación de postos de traballo verdes en Europa.

 

O CITIZENERGY plataforma, que será desenvolvido por Solutions Ateknea, será probado coa axuda de seis proxectos piloto RES en Alemaña, España, Francia, Holanda, Portugal e no Reino Unido. Esperase obter 14.6 millóns de euros no ano 2017, representando 6,000 investimentos de cidadáns de dez estados membros europeos.